Entenderase por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente así como as persoas
unidas por análoga relación de afectividade ou a formada por unha soa persoa proxenitora máis:
As/os fillas/os menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.
As/os fillas/os maiores de idade que residan no domicilio e dependan economicamente dos proxenitores e
se atopen
nalgún destes supostos:
Incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Que estean cursando estudos, mesmo no caso de que, por razón deles, residan durante o curso noutra
localidade.
Que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por centro.
As/os menores en situación de acollemento familiar.
No caso de proxenitores separados ou divorciados enténdese por unidade familiar a formada polo/a solicitante
máis o/a proxenitor/a que teña a garda e custodia e, se os houber, os/as irmáns/ás que se acollan ao
apartado
anterior e que convivan no domicilio familiar e consten rexistrados no padrón.
Estas situacións comprobaranse mediante o padrón e os datos tributarios correspondentes.
DOCUMENTACIÓN SITUACIÓN LABORAL
Situación laboral das persoa proxenitoras ou titoras legais:
Documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante informe de vida laboral actualizado.
No caso de traballadores/as por conta propia, recibo de pagamento da cota á Seguridade social, ou da correspondente mutualidade, do mes anterior ao período de solicitude.
Os/as residentes noutros municipios que traballen no Concello da Coruña deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persona traballa nun centro con domicilio na Coruña.
CERTIFICADO EMPRESA
Neste caso é preciso aportar un certificado emitido pola empresa que acredite esa información
TIPOLOXÍA DA SOLICITUDE PREFERENTE
A. As solicitudes correspondentes aos fillos/as do persoal que presta servizos na
escola, de conformidade co sinalado no convenio laboral de aplicación. O convenio actual recolle este
dereito como mellora social. A empresa xestora deberá asumir, polo tanto, o custe destas prazas de
conformidade co artigo 72 do dito convenio. (BOP núm. 178 de data 26.07.2019)
B. As solicitudes de nenos e nenas que conten cun irmán/a escolarizado nunha escola da
REIM a efectos de matricularse na mesma.
C. As consideradas de urxencia social. Enténdese por prazas de urxencia social aquelas
que se atopan nas seguintes situación:
Menores tutelados ou en situación de garda por parte da administración autonómica.
Fillos e fillas de persoas que se atopen en casa de acollida ou vitimas de violencia de xénero.
Menores que se atopen en circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran dunha
intervención inmediata.
D. Solicitudes de carácter ordinario
DOCUMENTACIÓN DE ACCESO CON CARÁCTER PREFERENTE
Documentación obrigatoria:
Xustificante de confirmación da inscrición en liña asinado polas dúas persoas proxenitoras.
Copia do DNI/NIE ou documento acreditativo da identidade das dúas persoas proxenitoras (de ser o caso, anverso e reverso). No caso de presentar o Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, este deberase achegar xunto co documento de identidade do país de orixe.
Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
De non ter nacido o/a menor para quen se solicita a praza, certificado médico que indique a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nacido/a deberá acreditarse no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
No caso de separación ou divorcio, sentenza ou documentación acreditativa de conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.
No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.
No caso de menores empadroados fora do Concello da Coruña, presentarase o certificado de padrón donde se acredite que o menor reside con algún dos seus proxenitores.
As solicitudes con carácter preferente ademáis deberán presentar a documentación acreditativa do cumprimento dalgún dos requisitos sinalados para ter dereito a ingreso preferente: certificado da escola acreditando que esa persoa é persoal do centro, certificado da escola indicando a existencia dun/ha irmán/á matriculado/a, informe de Servizos sociais
Os/as residentes noutros municipios que traballen no Concello da Coruña deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persona traballa nun centro con domicilio na Coruña.
No caso de non autorizar na solicitude on line a consulta dos datos tributarios deberá achegar a declaración da renta dos membros da unidade familiar correspondentes ao exercicio 2022
As persoas que forman parte de unidades familiares non obrigadas a declarar ou das que a administración tributaria non dispoña de datos, deberán entregar unha certificación expedida pola AEAT que acredite esta situación.
As persoas empadroadas no Concello da Coruña de non autorizar a consulta do padrón na solicitude en liña, deberán entregar un certificado de padrón que acredite a residencia no concello do/a solicitante con algún dos proxenitores
DOCUMENTACIÓN DE ACCESO CON CARÁCTER ORDINARIO
Documentación obrigatoria:
Xustificante de confirmación da inscrición en liña asinado polas dúas persoas proxenitoras.
Copia do DNI/NIE ou documento acreditativo da identidade das dúas persoas proxenitoras (de ser o caso, anverso e reverso). No caso de presentar o Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, este deberase achegar xunto co documento de identidade do país de orixe.
Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
De non ter nacido o/a menor para quen se solicita a praza, certificado médico que indique a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nacido/a deberá acreditarse no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
No caso de separación ou divorcio, sentenza ou documentación acreditativa de conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.
No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.
No caso de menores empadroados fora do Concello da Coruña, presentarase o certificado de padrón donde se acredite que o menor reside con algún dos seus proxenitores.
Os/as residentes noutros municipios que traballen no Concello da Coruña deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persona traballa nun centro con domicilio na Coruña.
No caso de non autorizar na solicitude on line a consulta dos datos tributarios deberá achegar a declaración da renta dos membros da unidade familiar correspondentes ao exercicio 2022.
As persoas que forman parte de unidades familiares non obrigadas a declarar ou das que a administración tributaria non dispoña de datos, deberán entregar unha certificación expedida pola AEAT que acredite esta situación.
As persoas empadroadas no Concello da Coruña de non autorizar a consulta do padrón na solicitude en liña, deberán entregar un certificado de padrón que acredite a residencia no concello do/a solicitante con algún dos proxenitores.
Outra documentación a efectos de valoración:
No caso de familias monoparentais, certificado ou informe de familia monoparental expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
Certificado expedido polo órgano competente, se é o caso, do grao de discapacidade do/a menor ou de calquera das persoas proxenitoras que formen parte da unidade familiar. Terá a consideración de discapacidade equiparada ao 33 % a percepción de pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, e a percepción de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.
Documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante informe de vida laboral actualizado.
No caso de traballadores/as por conta propia, recibo de pagamento da cota á Seguridade social, ou da correspondente mutualidade, do mes anterior ao período de solicitude.
De ser o caso, xustificación acreditativa do impedimento das persoas proxenitoras para atender o neno ou nena.
De ser o caso, título acreditativo da condición de familia numerosa expedido pola consellería competente da Administración autonómica.
O proceso de solicitude está actualmente pechado. Próximamente comezará un novo prazo de solicitude para cubrir prazas que se anunciará na web de Educación